O alumnado de 3º, despois de visionar o conto "Vivan las uñas de colores", debuxaron as súas propias mans e despois as colorearon, Con esto quixemos transmitirlle valores fundamentais para construír unha convivencia pacífica: o respecto, a igualdade, a empatía.. Porque a paz tamén significa convivir sen discriminar, respectar as eleccións dos demais e defender o dereito de cada persoa para ser quen é.
30 ene 2026
MURAL DÍA DA PAZ 2026
Para conmemorar o día da Paz, pintamos pombas das cores dos aros olímpicos, que representan a unión dos cinco continentes (América, Europa, África, Asia e Oceanía) Os aros lémbrannos que o deporte ten a linguaxe universal necesaria para parar os conflictos.
29 ene 2026
SAÍDA DE 5º E 6º AO TAETRO A FUNDACIÓN.
REUNIÓN DE CÉSAR POZA CO ALUMNADO DE 6º.
O alcalde César Poza se rune co alumnado de 6º, para explicar aspectos da materia "Proxecto Competencial" relacionados co coñecemento das institucións, a democracia, o funcionamento electoral e a participación cidadá.
26 ene 2026
COMO CONFECCIONAR UN SOMBREIRO DE MADAMA
25 ene 2026
23 ene 2026
PRESENTACIÓN DO LIBRO "SUEÑOS DE JUVENTUD"
O colexio acolleu a presentación do libro "Sueños de juventud" da escritora local Belén Arosa Herrero vecina de Vilaboa. Neste acto estivo presente o alcalde César Poza, as concelleiras María Canosa e Carmen Gallego. Tamén contamos ca presencia da directora do CRA, Conchita e a mestra Henar.
21 ene 2026
ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE DE 1ºEP
As estacións de aprendizaxe con materiais manipulativos de lectoescritura son unha proposta metodolóxica que favorece a aprendizaxe activa e significativa. A través de diferentes estacións, o alumnado traballa a lectura e a escritura manipulando letras, sílabas, palabras e imaxes, o que facilita a comprensión e a adquisición progresiva do código escrito. Estes materiais permiten adaptar as actividades aos distintos ritmos e niveis, fomentan a autonomía e incrementan a motivación, xa que aprender faise desde a experimentación e o xogo. Ademais, o traballo por estacións promove a participación, a colaboración e o desenvolvemento das competencias lingüisticas dun xeito dinámico e inclusivo.
VISITA DO ALUMNADO DE 5º A: RADIO PONTEVEDRA.
15 ene 2026
8 ene 2026
PRESENTACIÓN COMO SE FAI UNHA CARRILANA?.
Gabriel Santos e o seu pai, Celso, explicáronnos como fixeron unha carrilana con materiais de reciclaxe, as partes que a compoñen e o seu funcionamento.
1 ene 2026
OS MINIMUNDOS DE PRIMEIRO.
Os minimundos promoven a autonomía, a creatividade e a interacción social, xa que o alumnado aprende manipulando materiais diversos, resolvendo pequenas situacións e comunicándose cos seus iguais.




















