7 mar 2026
6 mar 2026
CARREIRA DE RELEVOS MATEMÁTICA EN 1º.
Unha maneira divertida de aprender matemáticas .Os dous equipos realizaron un xogo de carreiras competitivo en que cada neno/a tivo que montar un número de dúas cifras con material de base 10 ( decenas e unidades)
Este xogo é favorable para traballar o valor posicional dos números o cálculo e o traballo en equipo, ao mesmo tempo que se realiza unha actividade dinámica e motivadora.
2 mar 2026
COCIÑANDO CON RUTH.
Cociñando con Ruth. A nai de Isaac e Josué fixo un taller de cociña para o alumnado de 6º baseado en fariña, ovos, mazá e froitos secos. Todos participaron na actividade e tiveron que poñerlle un nome á exquisita sobremesa.
AFUNDACIÓN: SAÍDA DE 3º E 4º
O alumnado de 3º e 4º visitaron a sede da "AFundación" en Pontevedra a ver unha obra de teatro moi peculiar, na que os nenos e nenas coñecerán o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. MÁIS SABOOOR! combina música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público. Dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un suculento, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para todas as persoas. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, á alimentación saudable e ao consumo de produtos de proximidade.
26 feb 2026
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, 23 DE FEBREIRO.
Caricaturas da autora feitas polo alumnado de 5º e 6º
C
ROSALÍA DE CASTRO de bibliotecariomaior riomaiorO alumnado de 4º, 5º e 6º colorearon unha camelia , flor preferida de Rosalía, e escribiron un poema da escritora.
O alumnado de de 4º 5º e 6º recitou poemas a 1º, 2º e 3º
o alumnado de de 4º 5º e 6º recitou poemas a 1º, 2º e 3º
RECITAMOS POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO de bibliotecariomaior riomaior
25 feb 2026
CHARLA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA 5º E 6º.
O alumnado de 5º e º recibiron unha charla sobre o uso responsable das novas tecnoloxías, móbil, tablets, vídeo xogos...
Javier , garda civil de Moaña , foi o encargado de ensinarlle aos nenos e nenas todos os perigos que con leva o mal uso das novas tecnoloxías.
CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE A PROTECCIÓN DA NATUREZA.
Hoxe, Javier garda civil do detacamento de Moaña, explicoulle aos nenos e nenas de 6º como protexe o Seprona o medio ambiente, a fauna e a flora silvestres, e os espazos naturais. As súas funcións crave na rexión inclúen a loita contra incendios forestais, a vixilancia de verteduras contaminantes, o control da pesca ilegal e o furtivismo, así como a protección do benestar animal.
19 feb 2026
VISITA DO CLUB DE BALONCESTO FEMININO DO CELTA DE VIGO.
No marco do noso compromiso co fomento da vida saudable, os nenos e nenas de 3º e 4º, tiveron a honra de recibir a catro integrantes do Celta de Vigo Baloncesto feminino, tres xogadoras e o preparador físico. Durante o encontro, os xogadores compartiron as súas experiencias no deporte profesional, destacando a importancia do traballo en equipo e a disciplina, inspirando á nosa comunidade educativa a través do seu exemplo.
16 feb 2026
OBRADOIRO DE SOMBREIROS DE MADAMAS E GALÁNS.
Todo o alumnado particIpou no obradoiro da elaboración dos sombreiros de madamas e galáns impartido na clase de ART.
15 feb 2026
FESTIVAL ENTROIDO 2026
13 feb 2026
MADAMAS E GALÁNS DE COBRES.
PREGÓN ENTROIDO RIOMAIOR 2026
Hoxe comezou o entroido no colexio de Riomaior e que mellor para facelo que a presenza de dúas pregoeiras especiais , as concelleiras do concello de Vilaboa , Carmen Gallego e María Canosa.
11 feb 2026
CHARLA DO POLICÍA MUNICIPAL A 5º E 6º.
O policía local de Vilaboa, Javier, explicou aos nenos e neas de 6º de maneira clara e próxima a importancia de respectar as sinais de tráfico, e aos de 5º as normas para cando se anda en bicicleta. Os alumnos participaron con entusiasmo, fixeron preguntas e aprenderon de forma amena sobre seguridade e convivencia. Sen dúbida, foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para todos.
8 feb 2026
CUENTOS PARA NIÑOS Y NIÑAS QUE SUEÑAN CON LA PAZ. ALUMNADO DE 5º
Este libro reúne varias historias curtas onde os personaxes aprenden a vivir mellor cos demais. A través de contos, fálase da amizade, o respecto, a solidariedade, a igualdade e a resolución pacífica dos conflitos .Cada relato mostra situacións cotiás nas que os nenos e nenas descobren que dialogar, axudar e comprender aos outros é mellor que pelexar ou usar a violencia. O libro convida a imaxinar un mundo máis xusto e tranquilo, onde todas as persoas poidan convivir en paz.
O alumnado de 5º gravou na radio a vida de varios personaxes como Desmond Doss, Berta Cáceres,Tortell Poltrona, Carl Sagan........ e despois elaborouse un vídeo con cada un dos personaxes.
5 feb 2026
SAÌDA AO MUSEO DE PONTEVEDRA 1º E 2º EP.
Visita participativa dirixida a aprender a observar unha obra de arte, xerando estímulos que axuden a experimentar cos sentidos: vista, tacto e oído. Recoñecendo o relato que esconden e construíndo historias creamos vínculos e afectos pola arte desde moi pequenos.
4 feb 2026
OBRADOIRO PARA FAMILIAS " MENORES CONECTADOS"
O obxectivo principal destas charlas é fomentar unha convivencia dixital saudable, transformando o medo á tecnoloxía nun acompañamento activo e consciente por parte dos adulto.
Este obradoiro vai dirixido as familias do alumnado nas que se explican cousas tan importantes como: establecer límites e extratexias para supervisar sen invadir a súa privacidade, claves para fomentar hábitos seguros, ferramentas de acompañamento parental entre outras cousas.
2 feb 2026
CHARLA DE EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA PARA 6º EP.
Hoxe o alumnado de 6º participou nunha charla sobre a axencia tributaria, é a encargada de cobrar os impostos, os cales serven para pagar servizos importantes como colexios, hospitais e estradas.
CAMPAÑA DE NUTRICIÓN "FOGGA".
O consumo de froita de tempada e proximidade en escolares favorece unha alimentación saudable e achega nutrientes esenciais. Esta campaña de nutrición está enmarcada no proxecto "Nutriescolas" basada no consumo de froitas de tempada e proximidade e leite. Este proxecto está financiado polo FOGGA e suministrada por froitas "San Román".
1 feb 2026
CONSTRUÍNDO FRASES EN INGLÉS CON 4º
O alumnado de 4º traballaron por equipos para practicar as frases sobre Health problems.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS 2026
O noso colexio celebrou recentemente as Xornadas de Puertas Abertas, unha oportunidade para recibir ás familias e dar a coñecer o noso proxecto educativo. Durante a visita, os asistentes puideron percorrer as instalacións, coñecer ao equipo docente e descubrir como traballamos día a día co noso alumnado. Agradecemos a confianza e o interese de todas as familias que nos acompañaron nesta xornada tan especial.
CANCIÓN DÍA DA PAZ: VIVAN LAS MANOS DE COLORES.
A canción “Vivan as mans de cores” transmite unha mensaxe clara de igualdade, unión e convivencia entre as persoas, valores fundamentais da paz..
As mans de cores simbolizan a diversidade cultural, racial e social. Aínda que sexan diferentes en cor, todas as mans serven para o mesmo: axudar, traballar, abrazar e construír xuntos.
30 ene 2026
CONTO: ¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES! 3º EP.
O alumnado de 3º, despois de visionar o conto "Vivan las uñas de colores", debuxaron as súas propias mans e despois as colorearon, Con esto quixemos transmitirlle valores fundamentais para construír unha convivencia pacífica: o respecto, a igualdade, a empatía.. Porque a paz tamén significa convivir sen discriminar, respectar as eleccións dos demais e defender o dereito de cada persoa para ser quen é.
MURAL DÍA DA PAZ 2026
Para conmemorar o día da Paz, pintamos pombas das cores dos aros olímpicos, que representan a unión dos cinco continentes (América, Europa, África, Asia e Oceanía) Os aros lémbrannos que o deporte ten a linguaxe universal necesaria para parar os conflictos.
29 ene 2026
SAÍDA DE 5º E 6º AO TAETRO A FUNDACIÓN.
O alumnado de 5º e 6º trasladouse a Vigo para asistir a unha obra de teatro en inglés titulada, "Unboxing Alice" Unha experiencia práctica e entretida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.
REUNIÓN DE CÉSAR POZA CO ALUMNADO DE 6º.
O alcalde César Poza se rune co alumnado de 6º, para explicar aspectos da materia "Proxecto Competencial" relacionados co coñecemento das institucións, a democracia, o funcionamento electoral e a participación cidadá.
26 ene 2026
COMO CONFECCIONAR UN SOMBREIRO DE MADAMA
A avoa de Carla Lino, veu ensinarnos a técnica para confeccionar un sombreiro de Madama, para logo elaborar cos nenos e nenas un en clase de ART.
25 ene 2026
23 ene 2026
PRESENTACIÓN DO LIBRO "SUEÑOS DE JUVENTUD"
O colexio acolleu a presentación do libro "Sueños de juventud" da escritora local Belén Arosa Herrero vecina de Vilaboa. Neste acto estivo presente o alcalde César Poza, as concelleiras María Canosa e Carmen Gallego. Tamén contamos ca presencia da directora do CRA, Conchita e a mestra Henar.
21 ene 2026
ESTACIÓNS DE APRENDIZAXE DE 1ºEP
As estacións de aprendizaxe con materiais manipulativos de lectoescritura son unha proposta metodolóxica que favorece a aprendizaxe activa e significativa. A través de diferentes estacións, o alumnado traballa a lectura e a escritura manipulando letras, sílabas, palabras e imaxes, o que facilita a comprensión e a adquisición progresiva do código escrito. Estes materiais permiten adaptar as actividades aos distintos ritmos e niveis, fomentan a autonomía e incrementan a motivación, xa que aprender faise desde a experimentación e o xogo. Ademais, o traballo por estacións promove a participación, a colaboración e o desenvolvemento das competencias lingüisticas dun xeito dinámico e inclusivo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)










.jpg)
.jpg)









.jpg)






















