A todos e todas as persoas que forman parte do CEP Plurilingüe de Riomior,
BO NADAL
Papá Noel estivo no colexio, para desexarlle aos nenos e nenas, unhas Felices Festas. Chegou cargado de agasallos para todos, chuches e un libro para cada un. Grazas Papá Noel por vir visitarnos.
Como todos os cursos por estas datas, entre todo o alumnado , elíxese unha postal e un texto, para logo felicitar a institucións, ao comercio local, a toda a comunidade educativa....Foi elixida a postal de Bernardo Amarilla de 6º e o texto de Lucía Videira tamén de 6º.
Os nenos e nenas de primeiro saíron, a repartir postais de Nadal, ao comercio local de Santa Cristina. Foron o supermercado Calvar, a farmacia, o banco , bar Toxo e ao taller mecánico Soaical.
O curso de 5º participou nun taller de radio, tiveron que investigar, preparar o guión e finalmente gravar o programa na radio. Fixérono en pequenos grupos. Grazas a Pablo, que foi quen impartiu o curso.
TÍRALLE DA LINGUA ten como obxectivos fomentar o uso activo do galego entre a mocidade ; animar á expresión oral, para que se fale galego e escóitese, e recuperar o valor do noso idioma como elemento esencial na comunicación, como vehículo de transmisión da nosa cultura .
Leo Reguera, Leire , Pablo e Aria alumnos/as de 5º de primaria, participan neste concurso con as súas historias de medo. Esperamos que gañedes!!!!
O alumnado de 5º e 6º investigaron, con motivo do "Dia internacional da discapacidade" o 3 de decembro, deportistas españois que participaron nos xogos paralímpicos, no que compiten persoas con discapacidades físicas, sensoriais e intelectuais de todos os países.
O alumnado de 3º tivo unha sesión de xogos de mesa, impartido por nais dos cativos e cativas.
O Día Internacional das Persoas con Discapacidade, celebrado cada 3 de decembro, convídanos a reflexionar sobre a importancia de construír unha sociedade máis accesible e equitativa, eliminando barreiras e garantindo a inclusión en todas as etapas da vida.
O alumnado de 6º tivo que preparar a receita da súa comida favorita e expoñela ao resto da clase. Naira , Isaac, Gabriel, Antón e Nico expuxeron os seus traballos culinarios.
Grupo de Desenvolvemento Rural Pontevedra Morrazo presenta a campaña de sensibilización ambiental “Paisaxes resilientes contra o lume: O momento é agora!”, unha iniciativa que pon o foco na resiliencia paisaxística como ferramenta clave de prevención fronte aos incendios forestais.
A mensaxe central da campaña é que a prevención non pode fundamentarse unicamente nos medios de extinción, senón na planificación paisaxística e na creación de infraestruturas verdes de autoprotección, capaces de:
Co motivo do "Día da Infancia" o 20 de novembro , propúxoselle ás familias que gravasen un vídeo aos alumnos con algún dos seus avós , para comparar de como era a infancia no pasado coa actual.Carla Lino , alumna de 5º mandou un video falando ca súa avoa.
O alumnado de 1º e 2º foron a Pontevedra, a ver o espectáculo "A galiña azul", en esta obra fala da diversidade e da solidariedade a través dun clásico da literatura infantil que cobra vida a través de fermosos muñecos .
h
Para conmemorar ou "Día internacional da eliminación da violencia contra a muller", o equipo da biblioteca propuxo traballar dous contos:
-1º, 2º e 3º Arturo e Clementina
-4º, 5º e 6º Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?
Un curso máis Javier , garda civil de Moaña, estivo no colexio para falarlle aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a violencia de xénero na sociedade actual e como previla.