Ana Ulla Miguel é unha astrofísica galega, escritora e profesora da Universidade de Vigo.
Estivo no colexio, para impartir un obadoiro, no que os nenos e nenas poideron facer moitas actividades como: coñecer as constelacións, observar o sol a través dun telescopio ...
Tamén falou do se libro "Desde el jardín, las estellas"
Todos os nenos e nenas que participaron, neste curso, na actividade proposta por Buli,"Mergúllate na lectura" recibiron un diploma como recoñecemento por potenciar a lectura e tamén a creatividade facendo os carteis anunciando os contos.
A Federación galega de gremios de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros, é unha organización que agrupa a comerciantes fabricantes, artesáns e deseñadores de xoias da comunidade de Galicia.
Coma todos os anos, convoca un certame de deseño de xoias " Deseña unha xoia para túa nai" participou todo o colexio e quedaron finalistas. Carla Pérez ,Vera Sobral de 6º e Vani Tripathi de 5º.
Hoxe o alumnado de 6º E.P. visitou o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. É un centro integrado de formación profesional nos que se imparten ciclos medios e superiores de hostelería, panadería repostería e confitería .
Participaron nun obradoiro sobre herbas aromáticas, sobre o uso das froitas moi maduras e sobre o coidado básico da horta.
Ademáis degustaron duns aperitivos preparados polo alumnado do centro.
O centro xa dispón dunha canle dixital de comunicación sobre o acoso escolar, á que se accede a través da páxina web do centro. Tamén xa temos un punto laranxa físico cun buzón para comunicar e denunciar de xeito anónimo calquera situación de posible acoso ou ciberacoso escolar na nosa comunidade educativa.
O GARDA CIVIL, JAVIER CANCELAS ESTIVO NA TARDE DE ONTE MARTES, PARA DARNOS UNHA CHARLA SOBRE CIBERSEGURIDADE, ESTIVO MOI INTERESENTE E APRENDIMOS MOITAS COUSAS PARA PROTEXER AOS NENOS E NENAS EN RELACIÓN CO PERIGROS DAS REDES SOCIAIS.
Os Minimundos son unha expresión de xogo símbolo libre e estructurado, na que os nenos e nenas representan o mundo a través de escenarios imaxinario a pequena escala, e con varios tipos de materiais.
Son a expresión material da imaxinación e a creatividade do alumnado, e permiten poñer en práctica todo o seu vocabulario, así como desenvolver a psicomotricidade fina, a concentración e a paciencia.
A través desta proposta de aprendizaxe, fomentamos a construcción, a experimentación das xeometrías, o coñecemento do medio, a expresión oral e as habilidades sociais.
Ademais, poñendo título ás súas obras, anotando quen participa, ou facendo textos sobre os mundos que construíron, tamén favorecemos a expresión escrita libre e espontánea.