GRADUACIÓN 6º de bibliotecariomaior riomaior
Como producto final do proxecto "CON-CIENCIA"2024-2025, fixemos unha exposición cos traballos feitos ao longo do curso.
O alumnado de 1º e 2º visitaron hoxe a "Fundación Sales". Trátase dun xardín botánico que comprende compendio de diversas especies de árbores de todos os recunchos do mundo, aínda que a súa colección inclúe tamén todo tipo de especies vexetais.
Os nenos e nenas de 2º gañaron o premio Canta Rosalía!, e todo o colexio puido participar deste premio, cunha actividade de títeres.
"Títeres Seisdedos" puxo en escena marionetas tradicionais protagonizadas por trapecistas, curas, cachiporras, cantantes de ópera etc; nos que os espectadores participan cantando e danzando, tamén escoitamos conto do “Galo Quirico”
Como todos os anos, a final de curso o alumnado de 6º visita o CPI do Toural, para tomar o primeiro contacto do que será o seu novo destino para cursar a ESO.
BOA SORTE RAPACES E RAPAZAS..
A casa dos Picapedras, visitaron o museo de Pontevedra onde coñeceron como era a vida cotiá fai milleiros de anos econ máis detalle algúns dos materiais arqueolóxicos significativos que se expoñen neste museo.
Os alumnos de 2º prepararon unhas lecturas para os nenos e nenas de 1º. Aproveitaron o bo tempo, saíron o patio para realizar esta actividade.
O alumnado de 3º visitou o Monte do Castro en Vigo, foi unha xornada moi divertida.
Tiveron un guía especial Kike Rey Molino, irmán de Lara, a profe de Educación Física.
O alumnado de 5º e 6º , na xornada de onte, visitaron o Parlamento de Galicia. Visitalo é a mellor maneira de coñecer o labor que desempeñan as deputadas e deputados como representantes do pobo galego. O alumnado aprenderá sobre as funcións, a organización e a historia da institución. Accederon ás dependencias e visitaron as salas onde acontece a actividade institucional diaria.
Hoxe todo o colexio foise de excursión ao parque Dakarts en Sanxenxo. Foi unha xornada moi divertida na que tanto o alumnado como o profesorado practicaron nas actividades propostas: mini golf , aventuras entre os árbores tirolina, tiro con arco, tobogán seco, procura do tesouro....
Onte domingo día 1 , tivo lugar o Cross , coa participación de varios colexios da comarca. Corréronse distintas categorías quedando como gañadores os alumnos e alumnas de Riomaior.