30 may 2025

PROGRAMA SCHOOL TO SCHOOL



 O programa School to School propón un achegamento cultural á India a través de material didáctico e do intercambio de materiais entre unha escola de primaria de España e unha escola de reforzo da Fundación Vicente Ferrer da India do mesmo nivel.

Neste curso penetrarémonos nas festas e tradicións da India. Os aspectos principais que se tratarán neste tema son: Os días festivos na India. Cales son as grandes celebracións civís do país? Que calendario escolar teñen?.Achegamento á relixión maioritaria na India, o hinduismo, e aos seus deuses e deusas. Principais festas e celebracións da India, ademais doutras que celebramos aquí, como os aniversarios ou as vodas.


school to school de bibliotecariomaior riomaior



school to school de bibliotecariomaior riomaior

29 may 2025

FACEMOS CABANAS NO PATIO.

 Facemos  cabanas no patio é un pequeno proxecto para dinamizar o patio e mellorar a convivencia entre  o alumnado.








O LEITE É SAUDABLE.


A través do FOGGA tivemos a repartición de leite a todo o alumnado do colexio .A axuda ten por obxecto o fomento do consumo de leite no alumnado de centros escolares. 


O LEITE É SAUDABLE de bibliotecariomaior riomaior

28 may 2025

PARTICIPACIÓN XI DE CERTAME RELATO CURTO

 


O próximo 29 de maio, os autores participantes da" XI edición do Certame Curto convocados pola Federación Provincial de ANPA, serán convocados en Pontevedra, para recibir ou recoñecemento pola súa participación. Foron elixidos 120 relatos entre os que están os Naira Reguera Rodríguez e  Breixo Duduletz González.





22 may 2025

PROXECTO, "DONAS DE SI".

"Donas de si" é un proxecto realizado ao longo do curso pola comunidade educativa do noso centro .Neste caso poñemos o foco mas mulleres de Vilaboa , para recoñecer a súa forza de traballo, tan importante e necesaria para sustentar as nosas vidas. O producto final desta actividade foi a exposición dos carteis no centro de saúde de Vilaboa.











ALMORZO SAUDABLE MIXTO

 

Hoxe degustamos un almorzo saudable mixto que consistiu en yogurt, froitos secos, xamón de pavo queixo , tostadas de marmelada e manteiga e froita. Todos os nenos e nenas do colexio almorzaron  un día máis de forma saudable..


almorzo saudable de bibliotecariomaior riomaior

21 may 2025

INMERSIÓN LINGÜISTICA EN GALEGO DE 5º EP.

 



O alumnado de 5º estivo este luns e martes no cámping  Fieitás, no Grove onde pasaron uns momentos no cal os  alumnos e alumnas  gozaron  participando en diferentes actividades de grupo na  praia e a montaña.


IINMERSIÓN LINGÜISTICA 5º de bibliotecariomaior riomaior

17 may 2025

SPRING WEEK 6º



 Durante unha semana, os nosos estudantes de 6º participaron nos campamentos  de inglés realizados no Centro Residencial dous Peares. 

 Conviviron  unha contorna de inmersión lingüística, practicando inglés en situacións reais con profesorado nativo. A metodoloxía consistiu en clases dinámicas, talleres e actividades de lecer, fomentando a aprendizaxe natural do idioma a través da participación activa.


Spring week 6º de bibliotecariomaior riomaior

LETRAS GALEGAS 2025: AIRES DE COBRES.

 


AIRES DE COBRES de bibliotecariomaior riomaior

16 may 2025

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 


DÍA DAS LETRAS GALEGAS de bibliotecariomaior riomaior

OS MAIOS DE 4º.

 Vos Maios é o nome dunha festa popular de Galicia. Festa de exaltación da Natureza ao comezo da Primavera. Celébrase o 1 de maio. O alumnado de 4º fixo unha homenaxe aos maios facendo unha representación dos mesmos.






GALEGOFALANTES DO MES .

 Seguimos ca iniciativa para fomentar o uso da lingua galega no noso colexio. Este mes Leo Pérez de 4º, Leire de 2º,Leo Regueira de 4º, Antón de 5º e Irene de 2º.





14 may 2025

TRABALLANDO XUNTOS.

 

Na tarde do martes todo o profesorado, pais e nais do alumnado do colexio participaron o a elaboración dunhas cociñas de madeira a partir de palets .


TRABALLANDO XUNTOS de bibliotecariomaior riomaior

VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR.




O alumnado  de 3º e 4º , estivo hoxe no castelo de Soutomaior, onde fixeron unha visita  guiada no interior do castelo E  aprenderon todo o relacionado coa historia do mesmo. Tamén pasearon e gozaron  dos seus xardíns. 


VISITA AO CASTELO DE SOUTOMAIOR de bibliotecariomaior riomaior

7 may 2025

ALMORZOS SAUDABLES.

Hoxe, dentro do programa "Nutriescolas" serviuse un almorzo francés para todo o alumnado do centro.Os  obxectivos destes almorzos son  familiarizar aos nenos e nenas con outras costumes,e garantir os hábitos saudable , normas de comportamentos nunha mesa......

Parabéns e grazas  os membros da ANPA por estar sempre ahí, en todas as actividades que se lle propoñen desde o colexio. 



almorzo saudable francés de bibliotecariomaior riomaior

VISITA A ECOGRANXA RIOMOURO DE 1º E 2º EP.


O alumnado de 1º e 2º EP. realizaron unha saída a ecogranxa Riomouro en Poio.

Os cativos e cativas coñeceron animais como a chiba, egua, coello xigante polos....Tamén foron a horta na que lle ensinaron diferentes plantas, e plantaron unha leituga para levar para a casa.

Foi unha actividade moi gratificante na que aprendemos un montón.

 

ECOGRANXA RIOMOURO de bibliotecariomaior riomaior