O alumnado de 3º visitou o Museo de Pontevedra a participar nunha actividade chamada "detectives da arte" na que, a través dun xogo de investigación e procura, trabállanse conceptos fundamentais da arte e aprendemos por medio da observación. Produciuse un roubo no Museo e resulta urxente atopar aos culpables. Os cadernos de investigadores serán a clave para resolver o misterio. museo de pontevedra de bibliotecariomaior riomaior
31 ene 2025
SAÍDA O MUSEO DE PONTEVEDRA DE 3º
O alumnado de 3º visitou o Museo de Pontevedra a participar nunha actividade chamada "detectives da arte" na que, a través dun xogo de investigación e procura, trabállanse conceptos fundamentais da arte e aprendemos por medio da observación. Produciuse un roubo no Museo e resulta urxente atopar aos culpables. Os cadernos de investigadores serán a clave para resolver o misterio. museo de pontevedra de bibliotecariomaior riomaior
CONTO :WANGARI Y LOS ÁRBOLES DE LA PAZ.
Os nenos e nenas de 2º traballaron, con motivo do día da Paz o conto " Wangari e as árbores da paz". Fixeron debuxos do conto e gravaron o son na radio.
Wangari recibiu o Premio Nobel da Paz por impulsar a plantación de millóns de árbores por mulleres.
30 ene 2025
CANCIÓN DÍA ESCOLAR CONTRA LA NO VIOLENCIA Y POR LA PAZ 2025.
Unha educación inspirada nunha cultura de non violencia e paz permite ao noso alumnado adquirir coñecementos, actitudes e competencias que reforcen o seu desenvolvemento como cidadáns globais críticos e comprometidos cos seus dereitos e os doutras persoas.
Por este motivo cantamos todos xuntos a canción "Todos somos capitáns" de Magín Blanco.
29 ene 2025
MURAL DÍA ESCOLAR DE LA NO VIOLENCIA Y DE LA PAZ 2025.
SAÍDA DE 1º E 2º " A FUNDACIÓN"
A obra que foron ver, chamase Ninja do espazo, do grupo de teatro Ghazafelhos.
CHARLA DA ASOCIACIÓN ÉRGUETE EN 6º
26 ene 2025
XORNADAS PORTAS ABERTAS
O 24 de Xaneiro tivemos "As xornadas de portas abertas", co obxectivo de presentarlles os pais de futuros alumnos/as, o noso colexio, as instalacións, os nosos proxectos, e sobre todo a nosa metodoloxía.
22 ene 2025
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ.
Todos os 30 de xaneiro celebramos no noso Colexio o "Día Internacional da Paz e a Non Violencia". Desde a Biblioteca do Centro imos facer algunhas recomendacións lectoras por se queredes compartir cos pequenos un intre de lectura e de reflexión.
ESCOLA DE FAMILIAS: PERIGRO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS.
20 ene 2025
OBRADOIRO DE CARLOS, AXENTE AMBIENTAL, EN 2º
En 2º tivemos unha charla sobre como é o traballo de un axente ambiental, impartida por Carlos, tío avó de Sabela Martínez. Os nenos e nenas viron como é o equipamento que levan , que hai que facer se vemos ou estamos en un incendio e tamén falou sobre a importancia de coidar os nosos montes.
Grazas pola súa visita.
16 ene 2025
TRABALLANDO A COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN 3º.
O alumnado de 3º está a traballar a competencia lingüística a través de diferentes xogos
A través do xogo, os nenos e as nenas poden desenvolver diferentes habilidades lingüísticas, como a comprensión, expresión e produción de linguaxe.
APRENDENDO A TÁBOA DE MULTIPLICAR EN 2º.
13 ene 2025
CHARLA SOBRE A PUBERTADE PARA O ALUMNADO DE 5º.
Hoxe a orientadora do centro, Paula, estivo co alumnado de 5º para falarlles do tema da pubertade.
É bo coñecer os cambios que provoca a puberdade antes de que ocorran. Deste xeito, saberán que esperar. Tamén é importante lembrar que todas as persoas atravesan estes cambios. Non hai dúas persoas iguais, pero o que todos temos en común é que atravesamos esta etapa. En xeral, a puberdade comeza entre os 8 e os 13 anos nas nenas e entre os 9 e os 15 anos nos nenos.