29 nov 2024
28 nov 2024
PLANTANOS NO HORTO
O alumnado de 3º e 4ºestiveron a plantar no horto. entre todos plantaron allos, cebolas, coles ,chícharos.. E agora a esperar que medren.
27 nov 2024
EDUCACIÓN VIARIA 6º
Hoxe, o policía local de Vilaboa, estivo cos nenos e nenas de 6º, para falarlles de seguridad viaria.
25 nov 2024
APRENDEMOS CO XOGO EN PRIMEIRO CON SILVIA.
Un día máis ,Silvia, estivo cos nenos e nenas de primeiro e tróuxolles varios xogos para que aprendesen xogando. Pasárono moi ben.
CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO E E CIBERSEGURIDADE PARA 5º E 6º
Javier, garda civil de Moaña, estivo no colexio para falarlles aos nenos e nenas de 5º e 6º sobre a violencia de xénero, e sobre a ciberseguridade, dous temas moi importantes cos que se pretende concienciar ao alumnado.
24 nov 2024
22 nov 2024
CANCIÓN 25N: SON MULLER.
25N-TRABALLAMOS POLA IGUALDADE .
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O 25 N.
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase anualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. A biblioteca propón unha serie de lecturas para que está ao dispor dos mest@s, alumn@s, pais e nais.
COCIÑAMOS BISCOITO DE IOGUR CON LIMÓN.
Lucía a nai de Xiana e Manuel estivo a ensinarlle ao alumnado de 3º a facer un biscoito de iogur con limón .Todos e todas participaron dá elaboración dá receita.
Grazas Lucía, esperamos que volvas, moi pronto. a facernos máis tortas.
21 nov 2024
OS PAIS CONTAN CONTOS NA BIBLIOTECA.
Mela, nai de Darío, veu á biblioteca para contar o conto "O home da auga" a todo o alumnado de 4º.
20 nov 2024
SAÍDA A SEDE A FUNDACIÓN DE VIGO 5º E 6º.
TRABALLANDO A NOTICIA EN 5º.
O alumnado de 5º estivo esta semana traballando as noticias do xornal.
15 nov 2024
APRENDER XOGANDO CON SILVIA.
Silvia, nai de Bruno, estivo hoxe ensinando os nenos e nenas de 3º, a "aprender xogando" con xogos de mesa.
Pasárono moi ben .
14 nov 2024
14 DE NOVEMBRO,DÍA MUNDIAL DA DIABETES.
Hoxe os nenos e nenas de 21 viron o conto "Carol tiene diabetes"para enteder en que consiste esta condición,.Ademais a nosa compañeira Maia aclarounos moitas dúbidas que xurdiron. Por último fixeron debuxos relacionados con este día.
A mestra Lara, explicou ao resto dos cursos, proxectando videos, o proceso desta enfermidade.
13 nov 2024
SAÍDA A NATURNOVA DE 1º E 2º EP.
Esta actividade didáctica deunos a oportunidade de explorar o universo no museo interactivo de Naturnova. Fixemos unha visita por diferentes módulos sobre o espazo estelar, pasando polo vestíbulo, sálgaa Universo e o Submarino. Nelas descubriremos os segredos do sistema solar, nunha viaxe interactiva e educativa.
7 nov 2024
CHARLA DE ÉRGUETE PARA 6º
O alumnado de 6º participou nun obradoiro sobre os perigros das novas tecnolóxias impartido pola asociación Érguete.
6 nov 2024
OBRADOIRO RADIO ESCOLAR.
Os cursos de 5º e 6º participaron nun obradoiro de Radio Escolar, impartido por Gabriel Paz, especialista no sector audiovisual.Con formación superior en son, telecomunicacións e electrónica.
Os obxetivos deste obradoiro foron entre outros, traballar en equipo, formarse en materia de radio e podcast, como realizar un guión e unha escaleta, gravar, editar cabeceiras, cuñas, fondos musicais e editar un programa de radio.