Room on the Broom é a historia perfecta para compartir en Halloween. A bruxa e o seu gato voan alegremente sobre bosques, ríos e montañas na súa escoba ata que un vento tormentoso leva o chapeu, o arco e a varita da bruxa. Por sorte, hai moitos amigos preto para axudala, e todos queren un paseo na escoba tamén. É un caso de canto máis, mellor, pero a escoba non está afeita a unha carga tan pesada e non pasa moito tempo antes de que... ZAS! Se parte en dous! E cun dragón codicioso buscando un bocadillo, os amigos animais da bruxa deberían pensar rápido!
30 oct 2024
CONTO EN INGLÉS: ROOM ON THE BROOM.
SAMAWEEN: CABAZAS
27 oct 2024
26 oct 2024
DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
24 oct 2024
CHARLA SOBRE CIRCULACIÓN DOS PEÓNS PARA 3ºEP
Hoxe, os alumnos de 3º tiveron unha charla sobre como circular polos pasos de peóns, o uso dos semáforos e todas as precaucións que se deben tomar para andar pola rúa.
II PREMIO DE BIENESTAR EMOCIONAL EN EL ÁMBITO EDUCATIVO.
O proxecto gañador foi o realizado no curso 23-24 "Xirarei polo Morraso". A directora Carmen Negro e a secretaria Lara Rey, foron a Toledo a recoller o diploma, entregado pola Directora Xeral de Evaluación e Cooperación Territorial, Dona Mónica Dominguez García.
23 oct 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O SAMAWEEN.
CHARLA: BO USO DA BICICLETA PARA O ALUMNADO DE 5º.
O alumnado de 5º recibiu unha charla sobre educación viaria para o uso das bicicletas na vía pública impartida polo garda municipal de Vilaboa.
21 oct 2024
20 oct 2024
CHARLA SOBRE CIBERACOSO E CIBERSEGUIDADE.
Todos os cursos queremos concienciar ao alumnado sobre os riscos do ciberacoso e ciberseguridade, algo moi importante no mundo en que vivimos. Os nenos e nenas de 5ºe 6º recibiron unha charla o venres sobre este tema impartida por Javier, garda civil de Moaña.
13 oct 2024
10 oct 2024
REUNIÓN DOS DELEGAD@S E MEDIADOR@S
Hoxe tivo lugar a primeira reunión de delegados e mediadores do curso 2024-2025, con Carmen a directora e Paula a orientadora.
7 oct 2024
ENTREGA DOS PREMIOS "ATREVETE" CURSO 2023-2024.
O alumnado de sexto do curso pasado,2023-2024, recibiron o premio ATRÉVETE. Este establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso dá cultura emprendedora entre ou alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial dá súa contorna.
4 oct 2024
PRESENTACIÓN DOS COLABORADORES DE BULI.
APERTURA DA BIBLIOTECA. CONTACONTOS RAQUEL CRESPO.
3 oct 2024
2 oct 2024
KIKO Y LA MANO
Kiko y la mano é un conto para a prevención do abuso infantil que se estuvo traballando eses días con 1º e 2º. Con él os nenos e nenas aprenderon a regla de Kiko, na que nos ensina a que o noso corpo é noso, e que é moi importante saber decir que non.
Podedes ver o video do conto e dos traballos feitos polos nenos e nenas.
CHARLA DE EDUCACIÓN CÍVICO TRIBUTARIA
Hoxe o alumnado de 5º e 6º recibiron unha charla da Axencia Tributaria, na que Rebeca, a relatora, explicoulle ao alumnado todo o relacionado cos impostos, que todo cidadán ten que pagar e cal é o seu destino.