30 may 2024

SCHOOL TO SCHOOL, MATERIAL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER.

 Desde hai varios anos se esta colaborando coa Fundación Vicente Ferrer no programa School to School. 

Este programa achega a cultura da India ás escolas de educación primaria do noso país e propón un vínculo con escolas de reforzo da India rural do mesmo nivel, a través do intercambio de materiais.

Cada curso a fundación propón  un tema para traballar  as dúas escolas,  nesta ocasión foi o "Entorno  Natural"





29 may 2024

VISITA A COMANDANCIA DA GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA.

 A Garda Civil recibiunos hoxe no seu centro de Pontevedra. Puidemos comprobar distintas unidades como: laboratorio de criminalística, seguridade cidadá, o grupo especial de desactivación de explosivos, os drons. Tamén puidemos estar cos cans detectores de drogas que realizaron un pequeno simulacro de detección dunha suposta droga.


MERGÚLLATE NA LECTURA:LOS LOBOS QUE VINIERON A CENAR.


 

SAÍDA A VIGO ALUMNADO DE 5º E 6º EP

O alumnado de 5º e 6º pasou a xornada de onte en Vigo, foron ao parque do Castro, logo foron as instalacións da Afundación a ver a obra do pintor coruñés Hector Francesch no que fixeron un obradoiro de serigrafía. Para rematar o día visitaron o centro comercial Vialia.

19 may 2024

VIAXE DE INMERSIÓN DE 5º

 O alumnado de 5º estivo esta semana o mércores e o xoves, no programa de inmersión lingüistica en galego, nun campamento no Grove.

1 may 2024

CROSS RIOMAIOR

 O pasado domingo tivo lugar o Cross en Riomaior. Organizado pola ANPA , participaron o colexio de Tirán, o CRA  de Vilaboa, Castrillón, e o Manuel Padín Truiteiro.Tamén houbo unha carreira popular para adultos.






OS MAIOS DE RIOMAIOR.

 Os Maios son unha tradición da cultura galega para conmemorar a chegada da primavera. Este curso o equipo da biblioteca e o de EDLG.

Quixeron retomar esta tradición propoñendo ao alumnado a decoración do seu propio maio.



VIAXE A DUBLÍN ALUMNADO DE 6º

 O alumnado de 6º estivo, de viaxe de inmersión lingüística en Dublín, a semana pasada. Foi unha experiencia única para os nenos e nena. Visitaron a cidade, museos, parques, catedrais o zoo.....e o máis importante falaron moito inglés.