31 may 2023

ÁRBORES DAS SALINAS

 Os Custodios das Salinas investigaron sobre as cinco especies de árbores que hai nas  Salinas de Ulló, aén elaboraron fichas técnicas e un QR de cada especie.













VISITA DOS MESTRES DO CEIP PLURILINGÜE DE OUTES A RIOMAIOR

 Onte o profesorado do CEIP de Outesviu visitar xunto coas representantes do CAFI de Galicia a nosa escolapara coñecer de primeira persoa como se traballa en Riomaior. Estiveron nos proxectos, nas aulas gravaron un programa de radio......





26 may 2023

OBSERVA-ACCIÓN: CEIP PLURILINGÜE DE OUTES.

 Dentro do  programa de innovación educativa "OBSERVA_ACCIÓN: Innovación docente desde a observación, a avaliación e o intercambio entre iguais. No día de onte unha representación do noso colexio formada por Carmen Negro, Lara Molino, Beatriz Somoza,Beatriz Rodríguez e Raquel Peón, acompañadas pola asesora do CFR de Pontevedra,  viaxaron ao CEIP Plurilingüe de Outes. Coñeceron as instalación do centro, e intercambiaron impresións co profesorado de dito centro.

o 30 de maio teremos o gusto de recibir a visita dunha representación dese colexio a Riomaior.



24 may 2023

XORNADA DE PIRAGÜISMO

 Hoxe os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º visitaron as instalación do "Club Naútico Cobres",  participaron nunha xornada de piragüismo.

Grazas aos monitores pola súa colaboración.


21 may 2023

BÓTALLE MAN AO LIXO


 A cofradía de pescadores de  Vilaboa "PEDRA DE OLIVEIRA" compartiu este  vídeo de recollida de lixo mariño connosco para que o alumnado do noso colexio se conciencie sobre este tema tan preocupante.  

 BÓTALLE MAN AO LIXO é un proxecto colectivo para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños.

PROXECTO MÁQUINAS DE REFUGALLO 3º

 

18 may 2023

O NOSO ALUMNADO APOSTA POLA SOSTENIBILIDADE.

 Despois de enviarlle unha carta ás familias para participar  non  proxecto   sobre sustentabilidade, a resposta foi positiva. 

Grazas familias, aquí tedes o resultado. 


15 may 2023

COBRES NAS ONDAS : PROGRAMA LETRAS GALEGAS 2023

 


LETRAS GALEGAS 2023

 


O 17 de maio é a festa da lingua galega, unha celebración institucionalizada pola Real Academia Galega (RAG) que chega á súa 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, foi un loitador cultural incansable.  A principios dos anos 50 foi un dos fundadores da Editorial Galaxia e na última etapa da súa vida presidiu a Real Academia Galega (1997-2001).


14 may 2023

VIDEO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS DOCENTES

 

Este é vídeo de presentación, do noso colexio, nas "Xornadas de formación das Competencias Profesionais para Docentes" levado a cabo en Santiago de Compostela diante un milleiro de mestres e outras persoas vinculadas coa educación. 

11 may 2023

MURAL CREAMOS GALEGO: O MUNDO DO MAR

 Pensando un dos proxectos do terceiro trimestre, baseado no libro de Xulio Verne, 20.000 leguas de fondo submarino, o mural de "CREAMOS GALEGO" enchémolo con palabras relacionadas co mar.

8 may 2023

CROSS DE RIOMAIOR

 Este domingo tivo lugar no colexio, coma todos os anos o cross, organizado pola ANPA .Participaron colexios da contorna como o Toural, Manuel Padín Truiteiro,Domaio , CRA de Vilaboa, Abelendo, Tirán.......

VISITA DE CÉSAR POZA ALCALDE DE VILABOA AO COLEXIO

 César Poza, alcade do noso pobo, visitounos a mañá do venres o colexio para coñecer de primeira man, como traballan os mestre e o alunmalo nos proxectos de "NEWCOBRES".

Grazas pola visita.



5 may 2023

COBRES NAS ONDAS: ENTREVISTA A FABIOLA

 

Fabiola é policia portuaria do porto de Vigo.

MERGÚLLATE NA LECTURA: ARIA E ALBA DE 2º

 Unha vaca que quere facer algo diferente, para destacar entre as demais, e que pola súa simpatía e tristura é axudada polas súas amigas galiñas. Claro que a envexa non é boa conselleira e as súas "comadres" están seguras de que todo é unha gran mentira. O final, sorprendente.

FAI CLIC AO TEU BOCATA.




 Programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre as nenas e nenos da nosa Comunidade e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.








VISITA A CIDADE DE PONTEVEDRA

 O mércores todo o alumnado visitou a cidade de Pontevedra, fixemos un roteiro para coñecela mellor e rematamos no museo, no que os nenos e nenas fixeron diferentes actividades.

1º e 2º Obradoiro de Arqueoloxía.

3º E 4ºObradoiro Detectives de arte.

5º e 6ºObradoiro sobre Castelao.



3 may 2023

CHARLA DA GARDA CIVIL SOBRE O ACOSO ESCOLAR.

 O 2 de maio é o Día Mundial Contra o Acoso Escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares de Educación Primaria e Educación Secundaria en todo o mundo.

Os alumnos /as de 5º e 6º recibiron unha charla, impartida por Victor, para conciencialos sobre este tema.





1 may 2023

V CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

 




Co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas 2023, dedicado ao intelectual, escritor activista politico editor e ensaísta Francisco Fernández del Riego presentánomos ao V Concurso de Podcasts -Radio na Biblio. 





VIDEO PRESENTACIÓN PARA A MEMORIA DE POLOS CREATIVOS

 Este e o video que se presentou na memoria de  " Polos Creativos"