MERGÚLLATE NA LECTURA de bibliotecariomaior riomaior
Nosa radio escolar "Cobres nas ondas" preparamos uns talleres sobre expresión oral , impartidos por Rocío da asociación ANIAS.
Participaron deste obradoiro os cursos de 3º, 4º, 5º E 6º.
Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna.…Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseveranza e optimismo veranse por fin recompensados.
A charla foi impartida por María, profesional da asociación AMINO GALICIA,, que é entidade sen ánimo de lucro, formada por un grupo de profesionais de diferentes ámbitos vinculados coa infancia e adolescencia .O seu obxectivo é a prevención, detección e asesoramento na Intervención en situacións de malos tratos á infancia e adolescencia; e tamén a axuda e apoio ás familias que afrontan estas situacións.
No noso colexio traballamos todo o curso a prensa, aínda que na semana da prensa, que se conmemora este mes de marzo , facemos unha exposición de xornais tanto locais, nacionais, internacionais e deportivos. Ademais expoñemos todos os exemplares do noso propio xornal " O xornal de Buli"
Tamén participamos no programa: PRENSA-ESCOLA DE LA VOZ DE GALICIA