26 feb 2014
O CHINEIRO DE BULI
Xa partiu o chineiro de Buli cara a Pontevedra para lucirse no Salón do Libro. Ía ateigado de fermosos libros que entre todos creastes e... como presumía Buli ante tanta beleza e creatividade.
24 feb 2014
O MORRAZO ESPERTA A GALICIA
23 feb 2014
20 feb 2014
Día Internacional da Lingua Materna 2014
O Día Internacional
da Lingua Materna, instituído en 1999 pola UNESCO, é unha celebración que busca lembrarnos o
valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para
asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e potenciar a
participación de todas as persoas na construción de sociedades democráticas.
Cada 21 de febreiro,
a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitir as
linguas autóctonas de cada lugar.
A mensaxe do Día
Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por
suposto o galego, serven para investigar e divulgar a ciencia.
19 feb 2014
CENTENARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
Hoxe, 19 de febreiro,
celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen
este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól coma unha uva.
Pro tí envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!
DÍAZ CASTRO, José María.
13 feb 2014
Pasou o día da PAZ e chega o día do AMOR, en ámbolos dous casos elaboramos saborosas receitas para acadar unha vida chea de felicidade. Pois que así sexa, gozade destes dous elementos imprescindibles na vida dos seres humanos.
Para que vexades as marabillas que fan os cativos do CPI de Mondariz , con tan só 3 anos, deixovos a historia de amor entre Crocodilo e Xirafa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)