23 abr 2026

CLASES DE ACROSPORT EN 6º


 O Acrosport é un deporte cooperativo que require certo control do corpo, fomenta o compañeirismo e prima a creatividade dos participantes a través das formacións grupais ou pirámides e a utilización da música. Deporte que combina acrobacia e coreografía. O alumnado de 6º estivo esta semana practicando este deporte con Lara, mestra de Educación Física.


ACROSPORT de bibliotecariomaior riomaior

COBRES NAS ONDAS: FINALISTAS NO CONCURSO DE RADIO ESCOLAR JOSÉ HERMIDA.

 

Vinte centros educativos das provincias de Pontevedra e a #o Coruña son os finalistas da segunda edición dos Premios José Hermida de Radio Escolar que organiza o grupo Radio Pontevedra.

O xurado, formado por 22 profesionais da comunicación, seleccionou os mellores traballos entre o 117 podcast que se presentaron a concurso nesta segunda edición. Entre os finalistas atópase o noso colexio, que participaron el alumnado de 5º cun podcast titulado "Descubre Vilaboa" 


16 abr 2026

O NOSO HORTO

 

O alumnado de 3º e 4º estiveron plantando no horto: cenorias, leitugas, acelgas......Puxeron todo o empeño, esperemos que a cosecha sexa boa!!!


O noso horto de bibliotecariomaior riomaior

PLANTAS AROMÁTICAS

 

Os nenos e nenas de 3º e 4º estiveron esta mañá plantando, estiveron sembrando nos bancales plantas aromáticas: tomiño, lavanda,, menta....


PLANTAS AROÁTICAS de bibliotecariomaior riomaior

CHARLA SOBRE A PUBERDADE A 5º E 6º.

 

Hoxe a orientadora, Paula reuniuse co alumnado de 5º e 6º para falarlles sobre os cambios que se producen na etapa da vida da  puberdade.







FINALISTA DO CONCURSO " DESEÑA UNHA XOIA PARA TÚA NAI"

 A Federación Galega de Xoieiros e o Colexio Oficial de Xoiería de Galicia  convocan a XVI edición do certame escolar “Deseña unha Xoia para a túa Nai. Dirixido a nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria (0–12 anos), o certame propón un reto creativo sinxelo e poderoso: deseñar a xoia que lles gustaría regalar ás súas nais polo Día da Nai. No noso colexio quedou finalista deste concurso:

 LEIRE ESPAÑA GÓMEZ.



III CONGRESO DE INCLUSIÓN.

 

As nosas mestras, Lara y Paula,  tiveron esta semana a oportunidade de participar  no III Congreso de Educación Inclusiva organizado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, onde compartiron o traballo sobre prácticas de inclusión, que levamos a cabo no noso colexio.





15 abr 2026

VISITA DO ALUMNADO DE 5º A PONTEVEDRA.


 O alumnado de 5º pasou a mañá de hoxe en Pontevedra.  Visitaron a praza da Verdura, a da Leña, Menéndez Núñez,  Ferrería....Para finalizar esta visita pola cidade achegáronse ao campo de fútbol onde estaba a adestrar o Pontevedra CF. Visitaron as instalacións e asistiron aos adestramentos do equipo.

VISITA A PONTEVEDRA ALUMNADO DE 5º de bibliotecariomaior riomaior

9 abr 2026

VIAXE Á LÚA DOS NENOS E NENAS DE 1º.

Esta semana o alumnado de 1º traballou a noticia da misión "Artemis 2" da NASA. Partimos do visionado de noticias dixitais para coñecer este tipo de formato de texto. Tamén reflexionamos sobre o que é a cara oculta la Lúa e o seu movemento como satélite da Terra. Logo elaboramos en equipos as nosas propias noticias sobre este grande acontecemento, e finalmente fomos contar ás outras clases toda a información. O mais importante foi espertar a nosa curiosidade sobre o Universo no que vivimos. 


VIAXE Á LÚA de bibliotecariomaior riomaior