29 mar 2026

HAPPY EASTER !!!


 Chega a Pascua e os seus ovos de cores!

Sabías que a tradición de decorar ovos ten moitísimos anos? Aínda que hoxe nos encantan os de chocolate, hai moito tempo usábanse ovos de galiña de verdade. Era a forma que tiñan os nosos antepasados de celebrar que o inverno terminaba e chegaba a primavera!


HAPPY EASTER de bibliotecariomaior riomaior

27 mar 2026

VILABOA, UNHA CONTORNA SORPRENDENTE.


A Real Academia Galega de Belas Artes anunciou que o Día das Artes Galegas 2026, que se celebra o 1 de abril, estará dedicado ao fotógrafo  José Suárez, unha figura crave da fotografía galega do século XX. Por este motivo o noso centro xunto co CRA e o CPI O Toural organizamos unha exposición fotográfica da contorna de Vilaboa. Esta exposición será itinerante para que a poboación de Vilaboa poida disfrutar de esta iniciativa fotográfica.


VILABOA, UNHA CONTORNA SORPRENDENTE. de bibliotecariomaior riomaior

OS NENOS DE 1º RECITAN POEMAS DE MANUEL MARÍA.



 

Recitando a Manuel María de bibliotecariomaior riomaior

26 mar 2026

DÍA DA POESÍA : OS SOÑOS NA GAIOLA DE MANUEL MARÍA.

 

Para conmemorar o Día Internacional da Poesía, no colexio mergullámonos no universo máxico de Soños na gaiola. Entre ilustracións, recitados e talleres creativos, exploramos a sensibilidade de Manuel María e o seu amor por Galicia e a natureza. Pasen e vexan o incrible traballo dos nosos pequenos poetas, que demostraron coa súa  imaxinación !!!


DÍA DA POESÍA de bibliotecariomaior riomaior

SAÍDA AO MUSEO DO CASTRO DO ALUMNADO DE 6º.


 

MUSEO DO CASTRO 6º de bibliotecariomaior riomaior

SAÍDA A RADIO VIGO DO ALUMNADO DE 5º.


  Os nosos alumnos e alumnas de 5º  cambiaron as aulas polos micrófonos. Fómonos de visita aos estudos de Radio Vigo  para descubrir que hai detrás das voces que nos acompañan cada día.

Foi unha mañá chea de sorpresas onde puidemos:

-Coñecer as instalacións: Visitamos a redacción, as salas de control e, por suposto, os estudos de gravación!

-Aprender como se fai a radio: Explicáronnos desde como se seleccionan as noticias ata a importancia da técnica e o son en directo.

-Ser protagonistas!: Algúns de nós tivemos a sorte de achegarnos ao micro e experimentar esa mestura de nervios e emoción que se sente cando se acende o "ON AIR".

Queremos agradecer a todo o equipo de Radio Vigo por recibirnos con tanto cariño


RADIO VIGO 5º de bibliotecariomaior riomaior

25 mar 2026

CONTO " NOS TRATAMOS BIEN"


Os nenos e nenas de 6ºtiveron a oportunidade de traballar o conto " Nos tratamos bien". Este conto non é só unha lectura, é unha invitación para descubrir como pequenas accións poden cambiar o día dos demais. A través das súas páxinas, aprendimos que :

-A empatía e poñerse nos zapatos de outro

-As palabras máxicas (grazas, perdón, por favor) abren todas as portas.

-O respecto é a base da nosa amizade.

Queremos que o noso colexio sexa un lugar onde todos nos sintamos seguros, valorados e, sobre todo, felices. Porque cando nos tratamos ben, todo sae mellor!


NOS TRATAMOS BIEN de bibliotecariomaior riomaior

XI CERTAME DE RELATO CURTO.


A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza O CERTAME DE RELATO CURTO, dirixido ao alumnado e ás súas familias e cuxo resultado final é a publicación en formato libro dos relatos dos gañadores e finalistas. Naira Reguera de 6º e Breixo Duduletz de 5º foron os finalistas da XI edición deste certame.







ROSA PAREDES : ALPINISTA.


 Sabiades que en Vilaboa vive unha auténtica aventureira? Chámase Rosa Paredes e non só é unha alpinista con moitísima experiencia, senón un exemplo de esforzo e superación. Viaxou a lugares onde fai un frío extremo e o aire é tan fino que custa respirar, todo para cumprir os seus soños É unha das mulleres alpinistas máis importantes de Galicia, demostrando que as mozas poden chegar literalmente á cima de calquera lugar que se propoñan.


ROSA PAREDES ALPINISTA de bibliotecariomaior riomaior

23 mar 2026

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN 3º

 

O alumnado de 3º fixo un traballo  de investigación, sobre animais en perigo de extinción. Cando dicimos que están en perigo de extinción, significa que quedan moi poucos deles en todo o planeta. Se non os coidamos e protexemos o seu fogar, poderían desaparecer para sempre e só os coñeceriamos por fotos ou libros, como aos dinosauros. 


ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN de bibliotecariomaior riomaior