29 mar 2026

HAPPY EASTER !!!


 Chega a Pascua e os seus ovos de cores!

Sabías que a tradición de decorar ovos ten moitísimos anos? Aínda que hoxe nos encantan os de chocolate, hai moito tempo usábanse ovos de galiña de verdade. Era a forma que tiñan os nosos antepasados de celebrar que o inverno terminaba e chegaba a primavera!


HAPPY EASTER de bibliotecariomaior riomaior

27 mar 2026

VILABOA, UNHA CONTORNA SORPRENDENTE.


A Real Academia Galega de Belas Artes anunciou que o Día das Artes Galegas 2026, que se celebra o 1 de abril, estará dedicado ao fotógrafo  José Suárez, unha figura crave da fotografía galega do século XX. Por este motivo o noso centro xunto co CRA e o CPI O Toural organizamos unha exposición fotográfica da contorna de Vilaboa. Esta exposición será itinerante para que a poboación de Vilaboa poida disfrutar de esta iniciativa fotográfica.


VILABOA, UNHA CONTORNA SORPRENDENTE. de bibliotecariomaior riomaior

OS NENOS DE 1º RECITAN POEMAS DE MANUEL MARÍA.



 

Recitando a Manuel María de bibliotecariomaior riomaior

26 mar 2026

DÍA DA POESÍA : OS SOÑOS NA GAIOLA DE MANUEL MARÍA.

 

Para conmemorar o Día Internacional da Poesía, no colexio mergullámonos no universo máxico de Soños na gaiola. Entre ilustracións, recitados e talleres creativos, exploramos a sensibilidade de Manuel María e o seu amor por Galicia e a natureza. Pasen e vexan o incrible traballo dos nosos pequenos poetas, que demostraron coa súa  imaxinación !!!


DÍA DA POESÍA de bibliotecariomaior riomaior

SAÍDA AO MUSEO DO CASTRO DO ALUMNADO DE 6º.


 

MUSEO DO CASTRO 6º de bibliotecariomaior riomaior

SAÍDA A RADIO VIGO DO ALUMNADO DE 5º.


  Os nosos alumnos e alumnas de 5º  cambiaron as aulas polos micrófonos. Fómonos de visita aos estudos de Radio Vigo  para descubrir que hai detrás das voces que nos acompañan cada día.

Foi unha mañá chea de sorpresas onde puidemos:

-Coñecer as instalacións: Visitamos a redacción, as salas de control e, por suposto, os estudos de gravación!

-Aprender como se fai a radio: Explicáronnos desde como se seleccionan as noticias ata a importancia da técnica e o son en directo.

-Ser protagonistas!: Algúns de nós tivemos a sorte de achegarnos ao micro e experimentar esa mestura de nervios e emoción que se sente cando se acende o "ON AIR".

Queremos agradecer a todo o equipo de Radio Vigo por recibirnos con tanto cariño


RADIO VIGO 5º de bibliotecariomaior riomaior

25 mar 2026

CONTO " NOS TRATAMOS BIEN"


Os nenos e nenas de 6ºtiveron a oportunidade de traballar o conto " Nos tratamos bien". Este conto non é só unha lectura, é unha invitación para descubrir como pequenas accións poden cambiar o día dos demais. A través das súas páxinas, aprendimos que :

-A empatía e poñerse nos zapatos de outro

-As palabras máxicas (grazas, perdón, por favor) abren todas as portas.

-O respecto é a base da nosa amizade.

Queremos que o noso colexio sexa un lugar onde todos nos sintamos seguros, valorados e, sobre todo, felices. Porque cando nos tratamos ben, todo sae mellor!


NOS TRATAMOS BIEN de bibliotecariomaior riomaior

XI CERTAME DE RELATO CURTO.


A FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza O CERTAME DE RELATO CURTO, dirixido ao alumnado e ás súas familias e cuxo resultado final é a publicación en formato libro dos relatos dos gañadores e finalistas. Naira Reguera de 6º e Breixo Duduletz de 5º foron os finalistas da XI edición deste certame.







ROSA PAREDES : ALPINISTA.


 Sabiades que en Vilaboa vive unha auténtica aventureira? Chámase Rosa Paredes e non só é unha alpinista con moitísima experiencia, senón un exemplo de esforzo e superación. Viaxou a lugares onde fai un frío extremo e o aire é tan fino que custa respirar, todo para cumprir os seus soños É unha das mulleres alpinistas máis importantes de Galicia, demostrando que as mozas poden chegar literalmente á cima de calquera lugar que se propoñan.


ROSA PAREDES ALPINISTA de bibliotecariomaior riomaior

23 mar 2026

ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN 3º

 

O alumnado de 3º fixo un traballo  de investigación, sobre animais en perigo de extinción. Cando dicimos que están en perigo de extinción, significa que quedan moi poucos deles en todo o planeta. Se non os coidamos e protexemos o seu fogar, poderían desaparecer para sempre e só os coñeceriamos por fotos ou libros, como aos dinosauros. 


ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN de bibliotecariomaior riomaior

19 mar 2026

VISITA DE SHOMA SUBAYA, DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER.


 "School to School" é un programa de intercambio cultural e solidario impulsado pola Fundación Vicente Ferrer (FVF) que conecta a centros educativos de España con escolas de reforzo na India rural e no participamos todos os anos.

Esta semana o alumnado de 5º e 6º recibiron na biblioteca a Shoma Subaya, nacida en Anantapur  na India e que creceu dentro da Fundación Vicente Ferrer, e grazas ao seu apoio,  puido estudar e licenciarse en Económicas e Ciencias Políticas.


FUNDACIÓN VICENTE FERRER de bibliotecariomaior riomaior

ST PATRICK´S DAY 2026

O 17 de marzo, o equipo plurilingüe preparou a celebración  de St. Patrick’s Day, unha festa que vén dun país precioso chamado Irlanda.
Quen era San Patricio? Foi un home moi importante para os irlandeses. Contan que usaba un trevo de tres follas para explicar cousas difíciles de forma sinxela. Por iso, hoxe o trevo é o símbolo da boa sorte. Os nenos e nenas fixeron debuxos e prepararon unha canción para conmemorar este día.

ST PATRICK´S DAY de bibliotecariomaior riomaior

18 mar 2026

COCIÑANDO COM RUTH EN 4º


 Un día máis estivo Ruth, nai de Josué, cos nenos e nenas de 4º cociñando uns ricos pasteliños de froitas. Escribiron os ingredientes,  a elaboración e unha vez acabado o proceso  coméronos porque estaban  deliciosos.

Grazas Ruth por compartir esta receita connosco.


COCIÑANDO CON RUTH de bibliotecariomaior riomaior

COBRES NAS ONDAS: ENTREVISTA AO EURODIPUTADO, NICOLÁS GONZÁLEZ

 


14 mar 2026

VISITA DO EURODIPUTADO NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES.

 

O eurodiputado Nicolás González Casares a visitou o colexio, para explicarlle aos nenos e nenas de 5º e 6º como funciona a Unión Europea e o Parlamento  Europeo, e todo o percorrido que vai desde o ámbito local ata as institucións europeas.


VISITA DO EURODIPUTADO NICOLÁS GONZÁLEZ de bibliotecariomaior riomaior

MERGÚLLATE NA LECTURA; BREIXO, DARÍO E PABLO.


 

MERGÚLLATE NA LECTURA de bibliotecariomaior riomaior

PASEO DAS ESTRELAS CIENTÍFICAS.


 "O paseo das estrelas científicas"  é unha iniciativa do concello de Vilaboa, pensada para achegar a ciencia ao alumnado e poñer en valor referentes femininos .Zeltia López Gallego  e Romina Fernández Poceiro compartiron co alumnado as súas traxectorias, investigacións, experiencias e motivacións que as levaron a dedicarse ao mundo da ciencia.


PASEO DAS ESTRELAS de bibliotecariomaior riomaior

11 mar 2026

EQUIPO GALEGOFALANTES


 Este é o equipo "GALEGOFALANTES "do curso 2025-2026 que comenzou a facer as primeiras entrevistas chamadas " PRIMEIRAS CITAS EN GALEGO" Este día foron nas aulas de 1º e 2ºseguindo polas demais ao longo da semana. 

GALEGO de bibliotecariomaior riomaior

INTERCAMBIO DE CORRESPONDENCIA DO ALUMNADO DE 4º.


OS NENOS E NENAS DE  4º ,PARTICIPOU NUNHA ACTIVIDADE DE INTERCAMBIO DE CARTAS CO ALUMNADO DO COLEXIO ALALAYA CANTABRIA DE VIGO. 


Intercambio de cartas de bibliotecariomaior riomaior

9 mar 2026

MERGÚLLATE NA LECTURA:AARÓN E PABLO.


 

mergúllate na lectura de bibliotecariomaior riomaior

BISCOITO DE LIMÓN


 Hoxe os nenos e nenas de 3º convertémonos en pequenos chefs, coa axuda de Lucía e Lesly fixemos un delicioso biscoito de limón.


BISCOITO DE LIMÓN de bibliotecariomaior riomaior

MURAL 8 MARZO.



 Neste mural, celebramos a forza e o talento de todas as mulleres. Aprendemos que non hai soños "de mozos" ou "de mozas", senón soños de persoas valentes. Grazas a todas as mulleres que nos inspiran a ser mellores cada día!


MURAL 8 MARZO de bibliotecariomaior riomaior

6 mar 2026

PROXECTO 3 RIOLIMPIADAS: MULLERES OLÍMPICAS


 

Mulleres olímpicas de bibliotecariomaior riomaior

PROXECTO 3 RIOLIMPIADAS: MASTERCHEF OLÍMPICO


 

MASTERCHEF OLÍMPICO de bibliotecariomaior riomaior

CARREIRA DE RELEVOS MATEMÁTICA EN 1º.


 Unha maneira divertida de aprender matemáticas .Os dous equipos realizaron un xogo de carreiras competitivo en que cada neno/a tivo que montar un número de dúas cifras con material de base 10             ( decenas e unidades)

Este xogo é favorable para traballar o valor posicional dos números o cálculo e o traballo en equipo, ao mesmo tempo que se realiza unha actividade dinámica e motivadora.


CARREIRA DE RELEVOS MATEMÁTICOS de bibliotecariomaior riomaior

FRESCA LIMONADA


 

FRESCA LIMONADA de bibliotecariomaior riomaior

2 mar 2026

COCIÑANDO CON RUTH EN 6º.


Cociñando con Ruth. A nai de Isaac  e Josué  fixo un taller de cociña para o alumnado de 6º baseado en fariña, ovos, mazá e froitos secos. Todos participaron na actividade e tiveron que poñerlle un nome á exquisita sobremesa.


cociñando con ruth de bibliotecariomaior riomaior

AFUNDACIÓN: SAÍDA DE 3º E 4º

O alumnado de 3º e 4º visitaron a sede da "AFundación" en Pontevedra a ver unha obra de teatro moi peculiar, na que os nenos e nenas coñecerán o mundo da gastronomía e a alimentación saudable. MÁIS SABOOOR! combina música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público. Dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un suculento, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú: unha comida moi musical para todas as persoas. Unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, á alimentación saudable e ao consumo de produtos de proximidade.