25 mar 2026

CONTO " NOS TRATAMOS BIEN"


Os nenos e nenas de 6ºtiveron a oportunidade de traballar o conto " Nos tratamos bien". Este conto non é só unha lectura, é unha invitación para descubrir como pequenas accións poden cambiar o día dos demais. A través das súas páxinas, aprendimos que :

-A empatía e poñerse nos zapatos de outro

-As palabras máxicas (grazas, perdón, por favor) abren todas as portas.

-O respecto é a base da nosa amizade.

Queremos que o noso colexio sexa un lugar onde todos nos sintamos seguros, valorados e, sobre todo, felices. Porque cando nos tratamos ben, todo sae mellor!


NOS TRATAMOS BIEN de bibliotecariomaior riomaior

No hay comentarios:

Publicar un comentario