26 mar 2026

SAÍDA A RADIO VIGO DO ALUMNADO DE 5º.


  Os nosos alumnos e alumnas de 5º  cambiaron as aulas polos micrófonos. Fómonos de visita aos estudos de Radio Vigo  para descubrir que hai detrás das voces que nos acompañan cada día.

Foi unha mañá chea de sorpresas onde puidemos:

-Coñecer as instalacións: Visitamos a redacción, as salas de control e, por suposto, os estudos de gravación!

-Aprender como se fai a radio: Explicáronnos desde como se seleccionan as noticias ata a importancia da técnica e o son en directo.

-Ser protagonistas!: Algúns de nós tivemos a sorte de achegarnos ao micro e experimentar esa mestura de nervios e emoción que se sente cando se acende o "ON AIR".

Queremos agradecer a todo o equipo de Radio Vigo por recibirnos con tanto cariño


RADIO VIGO 5º de bibliotecariomaior riomaior

No hay comentarios:

Publicar un comentario