PROBA ZONAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN.

 O curso de sexto particpou na Proba escolar de Orientación 2024 no parque da Illa das esculturas de Pontevedra. Nesta actividade promovida pola mestra de E. Física  tiveron a oportunidade de traballar a orientación e a percepción espacial.





19 mar 2024

OBRADOIRO SOBRE A RADIO ESCOLAR

 Susana Bastón, xornalista ,licenciada en Ciencias da Educación pola universidade de Madrid  e licenciada en Ciencias Políticas, actualmente da clases na facultade de Ciencias Sociais en Pontevedra impartiu un obradoiro sobre o manexo da radio escolar ao alumnado de 5º e 6º.








16 mar 2024

VISITA DOS MESTRES DO C.E.I.P. DE TIRÁN.

 Esta semana, tres mestres do tiran visitaron o colexio para interesarse como traballamos nos proxectos. Con esta observación, pretenden implantar esta forma de traballo no seu centro escolar.






CHARLA DA FUNDACIÓN ÉRGUETE


 Os alumno@s de 6º tiveron esta mañá unha charla sobre o uso das novas tecnoloxías impartida por un  membro da fundación ÉRGUETE.






8 mar 2024

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA 5º E 6º

 Javier, garda civil de Moaña, estivo co alumnado de 5º e 6º, faloulles sobre  a violencia de xénero e do ciberacoso.











RECOMENDACIÓN LECTORAS 8-MARZO

 Un ano máis conmemoramos o 8 de Marzo, Día da Muller,  o equipo da biblioteca preparou unhas recomendacións lectoras. Todos estes libros atopárdelos na biblio.

MASTER CLASS: MAQUILLAXE

 María de 5º explicou as nenas unhas nocións sobre como se debe maquillar.


MASTER CLASS: ROBÓTICA.

Seguimos cos recreos activos, esta vez foi un obradoiro de robótica, todos os alumnos que participaron están moi implicados en acabar o robot.


MERENDAS SAUDABLES.

 Esta semana no recreo membros do ANPA prepararon merendas saudables para o alumnado. Mazás, peras, amorodos, plátanos, espetadas e batidos de froitas, biscoitos...
Grazas ANPA por estar sempre disposta a colaborar nas actividades propostas desde o colexio.

MASTER CLASS : TENIS

 LEIRE DE 3º, DENTRO DOS RECREOS ACTIVOS, REALIZOU UNHA "MASTER CLASS" DE TENIS.