28 ene 2024

VISTA Á XUNTA E O PARLAMENTO DE GALICIA

 O alumnado de 5º e 6º foron o venres a Santiago de Compostela, a visitar as instalacións do Parlamento e a Xunta de Galicia.


26 ene 2024

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA.

O alumnado de 3º, 4º 5º E 6º participaron nun obradoiro de circulación viaria impartido polo policía local de Vilaboa, Javier, moi coñecido por todos os nenos e nenas. Explicoulle os distintos  tipos de sinais que existen e que se poden ver no noso día a día, as precaucións que se deben tomar a hora de andar  andar en bicicleta, e moitas cousas máis todas elas moi interesantes.








25 ene 2024

OBRADOIRO DE XOGOS EDUCATIVOS PARA NENOS E NENASS DE 2º.

 Esta semana ,Silvia a nai de Bruno , dirixiu un obradoiro para os nenos e nenas de 2º de xogos educativos.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O DÍA DA PAZ

 Co motivo da conmemoración do Día da Paz o  próximo 30 de xaneiro, o equipo da biblioteca preséntavos unhas recomendacións lectoras. Todos estes libros e algún máis están  na biblioteca á vosa disposición.


19 ene 2024

CHARLA DA GARDA CIVIL PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º

O alumnado de 5º e 6º participaron nunha charla sobre acoso escolar e protección da natureza, impartida pola garda civil dona Yolanda Rodríguez, da comandancia de Pontevedra.




OBRADOIRO DE FROITAS NIEVES :ZESPRI


 O alumnado de 5º participou esta semana  nun obradoiro sobre alimentación e hábitos saudables.






10 ene 2024

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN SOBRE OS PELLETS DOS NENOS DE 1º

 Esta semana os nenos e nenas de primeiro estivemos informándonos sobre o que aconteceu nas praias de Galicia. A profe trouxo á clase pellets de plástico que recolleu na praia do Vilar en Corrubedo.

E foi moi interesante!!!

Aprendemos que os pellets flotan na auga, que son de plástico e que contaminan. Tamén vimos varias noticias en internet, un video sobre os cargueiros e como transportan as mercadorías polo mar.

Finalmente escribimos as nosas propias noticias para logo expoñelas polas demais clases.

Canto aprenderon, os nosos cativos e cativas de primeiro!!!!