UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 mar 2018

DÍA DA POESÍA

A UNESCO  declarou 21 de marzo Día mundial da Poesía no ano 1999. Unha data clave nas bibliotecas para tratar de vincular ao alumnado a ler poesía.
Neste ano 2018 conmemórase o 50 anos da publicación de OS SOÑOS NA GAIOLA obra emblemática de Manuel María. Dende a biblioteca querémonos sumar a este aniversario coa lectura de varios poemas recitados polos nenos de 6º.




Os nenos e nenas de 5º relacionaron a poesía coa auga  para conmemorar o Dìa da Poesía e o Día mundial da Auga que é o 22 de marzo.


19 mar 2018

XOGOS DE GRUPO

Hai tempo que os nenos e nenas xogaban na casa, na rúa, no campo, na praza...Eran donos do seu  tempoe convertíamo en carreiras, en brincos, en cancións, en bailes...
Pouco a pouco outras cousas outros leceres foron ocupando ese tempo. Algúns deixaron de xogar, outros quedaron sin rúas, sen campos para xogar e outros seguen lembrando aqueles xogos. A zapatilla por detrás, a pita cega, o tren, pasa perico pasa monteiro, arrincate nabo, a chave do muiño.......e moitos máis xogos que estan recollidos na enciclopedia dos xogos populares "CHIRLOSMIRLOS" de Antón Cortizas.












¡DON XOÁN DAS CADENETAS !
MANDE VOSTEDE, AMO.
CANTOS BOLOS HAI NO FORNO?
VINTECINCO MÁIS UN QUEIMADO.
QUEN O QUEIMOU?
O BURRO QUE POR AQUÍ PASOU.






CARTEIRO:  - HAI CARTA.
TODOS:         -E PRA QUEN?
CARTEIRO: NONE DUN COMPAÑEIRO DO XOGO.
TODOS: O QUE LLE DI?
CARTEIRO:  QUE DE UN PASO XIGANTE PARA DIANTE





PITA CEGA .QUE PERDICHES?
UNHA AGULLA E UN DEDAL
DÁ TRES VOLTAS QUE OS ATOPARÁS.

14 mar 2018

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Hoxe día 14 de Marzo tivemos a gran sorte de ter connosco ao contacontos Paco Nogueiras que nos  presentou o seu novo traballo "RADIO BULE BULE". Os nenos e nenas de 1º, 2º, e 3º pasárono moi ben cos seus contos, Esta actividade foi promovida pola ANPA do colexio.










11 mar 2018

XOGAMOS CON NOSOS PAIS

Buli xunto co equipo de dinamización do galego propón nesta ocasión xogar cos vosos pais, ,para lembrar algún xogo de cando éles eran máis novos.













8 mar 2018

DÍA DA MULLER

Un ano mais quixemos recordar  a loita pola igualdade dos dereitos das mulleres, conmemorado cada 8 de marzo e coñecido coma "día Internacional da Muller".
Mulleres científicas, investigadoras, deseñadoras de moda, actrices de cine, piratas, viaxeiras políticas.....despertaron a curiosidade dos nenos e nenas.A biblioteca, puxo a disposición dos alumnos e alumnas libros para facer un bo traballo de investigación.









MARZO, MES DA PRENSA

Co motivo do "Mes da Prensa " a biblioteca programou unha serie de actividades para coñecer mellor un xornal, como se fai, o seu manexo,  as súas seccións, mostras de prensa nacional, internacional , deportiva etc.





Unha das actividades máis salientables foi a visita do subdirector do xornal  "Faro de Vigo" D. Jesús Portela.










Dende o departamento de EDNL propúxose  a actividade de "Muller e prensa"




 Todos os anos elabórase o "Xornal de Buli" que consiste nunha recopilación de noticias e actividades realizadas no colexio durante todo o curso.



2 mar 2018

SEGURIDADE VIARIA E MOBILIDADE SOSTIBLE



EXPOSICIÓN DOS NENOS E NENAS DE 5º E 6º SOBRE AS BICICLETAS




















UNHA DAS ACTIVIDADES DESTE PROXECTO É UN TALLER  DE MANTEMENTO DA BICICLETA,COA COLABORACIÓN DE "BICICLEANDO" EMPRESA DE ALUGUER DE DE BICICLETAS E O CLUB CICLISTA VAL DO ULLÓ