UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

27 oct 2016

DÍA DA BIBLIOTECA

 
 

 

Hoxe celebramos o Día da Biblioteca. Todos os alumnos/as acudimos a biblioteca e recibimos unha pequeña charla de formación de usuarios. Aprendemos moito, sobre todo o que podemos atopar nela. Aos mais cativos, Buli  regaloulles un libro dos Bolechas, foron todos moi contentos!!!!!
Tamén recibimos a visita duns contacontos moi especiais para este colexio, cinco dos nosos antigos mestres que se ofreceron para contarnos unos contos moi divertidos .
Poli e Mariño interpretaron o conto "Que bonito é Panamá" para os máis cativos, e Carmen, Eva e Miguel Anxo o conto  " Lobishome" para 4º,5º E 6º.
Tamén se fixo entrega dos distintivos e uniformes aos colaboradores Buli.



23 oct 2016

PROGRAMA ACTIVIDADES DÍA DA BIBLIOTECA



Preséntovos o programa de actividades do Día da Biblioteca.
Virán  uns contacontos moi especiais, para  min e para a maioria de vos.
 É toda unha sorpresa!!!!!     






                            
                                                                                       
   

INVITACIÓN DE BULI

 O día 25 de outubro, Buli abre as portas da biblioteca para compartir con todos os nenos/as o seus libros. Por iso,  mándavos una invitación para convidarvos ese día a visitar a súa casa.


                             


 

8 oct 2016

BULI DA A BENVIDA

  Ola amigos e amigas :

Ola amigos e amigas:
Aquí estamos outra vez tras un pequeno descanso, ben merecido,durante o verán. Imos comenzar con moitas gañas de traballar e xa estou preparando os carnés dos novos lectores, aos que xa lles din a benvida, os libros do itinerario lector, as mochilas viaxeiras e moitas máis sorpresas que vos teño preparadas.
Este curso imos a viaxar e facer moito turismo xa que o noso lema para este curso 2016-17 é DESTINO.com.
  Xa vos irei contando!!!!