A investigación científica é básica para o progreso da sociedade e a lingua galega é útil para facer ciencia
Que o galego serve para transmitir os avances
no coñecemento nas diferentes áreas quedou demostrado coa excelente charla
ofrecida por dúas alumnas do CS de Anatomía Patolóxica e Citoloxía do IES Montecelo. Érika Pérez Rivas e Rebeca Rosales
Iglesias, falaron sobre
“a célula, o estudo celular na Anatomía Patolóxica e as células nai como
alternativa de futuro” aos alumnos do terceiro ciclo do noso centro. Coa súa
interesante e dinámica explicación
conseguiron manter a atención do noso alumnado e mesmo transformalos en
científicos por un día.
Tampouco
quedaron atrás os nosos
alumnos e alumnas de 4º nivel presentándolles aos compañeiros, de 2º e 3º
ciclos, as súas investigacións sobre Newton, Arquímedes, as súas leis, descubrimentos, e facendo uns excelentes experimentos para demostralo todo.
Foron unhas auténticas conferencias de
científicas e científicos!