UN PODE SER FELIZ EN RIOMAIOR (MIGUEL ANXO MOURIÑO)

15 oct 2013

Día Mundial da Alimentación

16 de outubro:
Día Mundial da Alimentación






O Día Mundial da Alimentación celébrase dende o ano 1979 e o seu propósito é  chamar a atención de todos os países  para que apliquen políticas axeitadas que reduzan a fame e a desnutrición no mundo.
Un de cada catro nenos menores de cinco anos sofre retraso no crecemento como consecuencia dunha mala alimentación e máis de 2000 millóns de persoas non teñen as vitaminas nin os minerais necesarios para ter unha boa saúde.

Tampouco podemos esquecer que máis de 1400 millóns de persoas teñen sobrepeso, un terzo das mesmas son consideradas obesas e habitualmente presentan problemas de saúde.

      Que solución plantexarías a esta grave situación?

  A  FAO propón un cambio de comportamento e apunta á necesidade de reducir o desperdicio alimentario, recordemos que  1.300 millóns de toneladas de alimentos tíranse ao lixo, alimentos que axudarían a reducir a fame e a malnutrición





1 comentario:

  1. paréceme q deberíamos preocuparnos máis pola alimentación,eu creo q moita culpa tenaa o ridmo de vida q levamos debido aos traballos dos nosos pais ridmo de actividades q levamos etc... e creo q moitas familias pola crise non poden comer todo o ben q quixeran xa q a alimentación é moi cara.Deberíamos comer máis productos naturais de hortas propias como facían nosos avós, e aproveitar ben as sobras das comidas facendo outras como por exemplo cando sobra carne ou así facer unhas croquetas con comida reciclada e xa teríamos comida para outro día.
    JUAN MADUEÑO 6º

    ResponderEliminar