NORABOA A TODOS E TODAS!
Vimos de recibir unha extraordinaria noticia. A Federación de Libreiros concedeunos o premio Irmandade do Libro na modalidade de Centros de Ensino.
As razóns que deron para concedernos o premio son as seguintes:
"Pola orixinalidade das súas propostas, pola intensa labor de dinamización do libro e da lectura e pola gran implicación cos nenos máis novos na difusión da lectura utilizando esquemas de traballo imaxinativos e motivadores, o Xurado decidiu dar gañador na modalidade de Centros de Ensino ao: CEP de RIOMAIOR"
Grazas a todos e todas polo voso esforzo e colaboración.
Mil primaveras máis para o colexio Riomaior!
24 abr 2012
POESÍA EN RIOMAIOR
Celebramos como se merece o "Día da Poesía" cun maratón de lectura de poemas.
Os alumnos que quixeron participar escolleron a poesía que máis lles gustou e recitárona a todos cantos quixeron escoitar.
Resultou un grande éxito.
Poucos días antes celebramos o "Dia de Rosalía" dedicándolle a Hora de Ler, agasallando ao alumnado cun poema da autora e escoitando diversos poemas musicados de Rosalía.
Os nosos poetas
">
View more presentations from Bulibreiro.
10 abr 2012
XOGANDO A DESCUBRIR O INSTRUMENTO
Rematou o xogo no que cada grupo clase tiña que descubrir, despois dunha investigación colectiva, o instrumento musical que agochaba cada unha das pistas que ía aparecendo semanalmente na aula.
O agasallo era un instrumento xigante, feito en cartón duro, co nome do grupo investigador. Agora hai 18 instrumentos adornando o corredor da planta baixa e sabemos máis cousas dos instrumentos estudados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)